Domingo 27
25 outubro 2024
Torneo Online do Asalto
19 setembro 2024
Copa Online
Xornada de Benvida no Campus de Ferrol
En Ferrol o horario é o seguinte:
Lugar: Praza Humanidades – Campus Esteiro
Horario: De 11:00h ás 14:00h
09 setembro 2024
Torneo de Narón
BASES DO TORNEO
Organizador: Círculo Xadrez Narón.
Data: Sábado, 21 de setembro de 2024.
Lugar de xogo:
Local Social Municipal Alto do Castiñeiro, R/Manoel Antonio 9, 15570 (Narón) - A Coruña
Categorías:
• Sub - 8 “Promesas”: Nados nos anos 2016 e posteriores
• Sub - 10 “Benxamíns”: Nados nos anos 2014 e 2015.
• Sub - 12 “Alevíns”: Nados nos anos 2012 e 2013.
• Sub - 14 “Infantís”: Nados nos anos 2010 e 2011.
Sistema de xogo:
Suízo a 7 roldas de 15' + 3'' para as categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14. Non se aplicará o apéndice G. Aplicarase o apéndice A4 (partidas sen supervisión adecuada). Utilizarase o programa de emparellamento VEGA. Non será válido para ELO .
Calendario da competición:
Presentación e confirmación de listas: 10:30 horas.
Roldas: 11:00, 12:00, 13:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 horas.
Entrega de Premios e Clausura: 20:00 horas.
Inscricións:
Ata as 12 PM do xoves 19 de setembro no formulario:
É OBRIGATORIO ESTAR FEDERADO NA TEMPORADA ACTUAL Á HORA DE REALIZAR A INSCRICIÓN DO TORNEO. NO CASO CONTRARIO, A INSCRICIÓN SERÁ REXEITADA.
-> Se queres participar e non estás federado contacta con correo@agax.org
Aforo: Limitado. Xogadores seleccionados por orden de inscrición. Non se admitirán incorporacións pasada a data de inscrición, salvo erro na recepción de datos ou decisión da organización.
A solicitude da inscrición no torneo implica a aceptación da totalidade das bases e normas do mesmo.
Desempates:
1. Enfrontamento particular.
2. Buchholz Brasileño*
3. Buchholz total*
4. Progresivo ata as derradeiras consecuencias.
* Nas partidas non disputadas computaranse como partidas contra un rival virtual.
Xogadas ilegais:
Dúas xogadas ilegais suporán a perda da partida; non se incrementarán tempos por cada xogada ilegal.
Byes:
No Torneo Xeral poderanse solicitar ata 3 byes de medio punto agás nas 2 últimas roldas. Os byes solicitaranse no formulario de inscrición.
Premios:
1. Trofeos para os cinco primeiros clasificados de cada categoría.
2. Medallas para todos os participantes ao finalizar o evento.
3. Reparto de agasallos entre os participantes mediante sorteo.
Para recoller o premio é esencial estar presente na cerimonia de cerramento.
Os participantes, autorizan á organización do torneo, a difusión de información ou a utilización de imaxes nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, podendo exercer os seu dereitos de reclamación no correo xadreznaron@hotmail.com
As bases poderán ser modificadas a criterio do árbitro principal no caso de ser necesario
19 xullo 2024
Torneo Online
Para conmemorar esta data ten promovido que se fagan varios torneos presenciais e online.
No teremos un torneo online. Como sempre en lichess, sen berseker e sen racha de vitorias.
Premio para o campión: Taza con motivo de xadrez. (A entregar na nosa sede ou en futura actividade que se coincida)
Lembrade: Incribiros no equipo de xadrez aberto antes se non sodes membros. Non podemos garantir a aceptación na mesma xornada.
Axuda para incribirse no equipo: PREME
Ligazón ao torneo:
15 xullo 2024
Resultados Torneo en Cariño
Unha iniciativa que estreamos este ano e que agardamos consolidar en próximos cursos.
Grazas a todos por participar, e noraboa aos representantes do Club de Xadrez Narón, que colocaron a un dos seus xogadores nos dous torneos realizados.
A clasificación na Categoría absoluta e Sub14 foi a seguinte:
2 DANIEL CODESIDO, ABS 1781 4 4 9.0 12.0 14.0
3 PABLO ESPARRAGO, ABS 1546 4 4 8.5 11.0 12.5
4 DAVID FERNANDEZ VILLAR, ABS 3.5 3 10.5 13.0 16.0
5 ALEJANDRO DOCAL, ABS 3.5 3 8.5 11.0 14.5
6 ANTON ISASI, S14 1497 3 3 9.5 12.0 15.0
7 UNAI GONZÁLEZ, S14 3 3 8.0 9.0 13.5
8 ISMAEL YAÑEZ, S14 3 3 7.5 8.0 13.0
9 RICHARD CLARKE, ABS 3 3 7.0 9.0 11.5
10 RUBEN BUGLIOT, ABS 2.5 2 7.0 5.0 12.5
11 JAIME TIMIRAOS, ABS 2 2 8.5 7.0 14.0
12 MATEO VILA POSADA, ABS 2 2 8.0 5.0 14.5
13 FRANCISCO VILA, ABS 2 1 8.0 7.0 14.0
14 MATEO VILA ORIZALES, S14 2 1 6.0 4.5 9.5
15 KEVIN GARCIA, S14 2 1 5.0 4.5 8.0
16 MARIO SANCHEZ, ABS 1.5 1 6.5 4.0 10.0
17 SERGIO LOPEZ, ABS 1 1 8.5 4.0 13.0
18 LEOPOLDO YAÑEZ, ABS 1 1 3.5 2.0 7.0
19 ZELTIA QUIZA, S14 1 0 7.5 5.0 13.0
20 CRISTIAN PRIETO, ABS 1 0 6.0 1.0 10.0
09 xullo 2024
Anímate a participar o sábado!
As bases as tedes un pouco mais abaixo.
Estes son os anotados ata agora:
Lembra que teremos trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para todos os participantes.
02 xuño 2024
Xadrez en Cariño
Sábado 13 de xullo de 2024.
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.
23 maio 2024
XXXII UNIVERSITARIO LOSTREGO NO ODEÓN
Sábado 29 de xuño de 2024.
1ª Rolda: 17,30
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.
21 maio 2024
Xadrez Online
Aínda que a nosa idea é ir creando estruturas propias, polo de agora, recomendamos inscribirse no equipo aberto de AGAX.
Toda a información das actividades online de AGAX as tes en www.agax.net
20 maio 2024
Obxectivos
Pensamos que é necesario crear unha entidade que sen buscar en inicio competir si teña como obxectivo o de crear competicións e poñer bases para a difusión do xadrez neste espazo xeográfico.
* Promover o pensamento crítico e utilizar o xadrez como ferramenta educativa para mellorar as habilidades cognitivas como a memoria, a concentración e a resolución de problemas.
* Crear un espazo de encontro para xadrecistas de diferentes localidades, estreitando os lazos.
* Organizar de Eventos: Planificar e executar torneos de xadrez, obradoiros e exhibicións que impliquen a múltiples concellos.
* Potenciar a colaboración intermunicipal. Organizar actividades conxuntas, compartir recursos e reforzar a cohesión.
* Xadrez e cultura: Utilizar o xadrez como ponte para o coñecemento da historia local.
* Participación en Competicións: Axudar á participación dos xogadores de concellos sen club en torneos e competicións.
* Utilizar a tecnoloxía para a expansión e a conexión
* Integrar o xadrez nos programas de benestar e saúde mental en colaboración cos servizos de saúde locais. Fomentar as actividades de xadrez e deterioro cognitivo promovidas dende a Universidade da Coruña.
Se queres axudar nesta idea, contacta con nós.