17 setembro 2026

Resultados Torneo de Cedeira - Verán 2026

O pasado venres 28 de agosto disputouse na Sala Áncora (Praza Roxa) de Cedeira o Torneo de Xadrez de Verán 2026, organizado por AGAX (sección Xadrez do Norte) coa colaboración do Concello de Cedeira, a Deputación da Coruña e o Xeoparque Cabo Ortegal.

Ao longo de cinco roldas, os 16 xadrecistas inscritos loitaron polas primeiras posicións nas categorías Absoluta, Sub-12, Sub-10 e Sub-8. Rematada a competición, entregáronse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

Resultados

Posto Xogador/a Categoría Puntos Buchholz
1 Paula López Molina Absoluta 5 16.0
2-3 Roberto Gil Rance Hayes Absoluta 4 16.0
Jose Luis Picos Nebril Absoluta 4 11.0
4-10 Juan Vilela Pérez Absoluta 3 15.0
Maikel Hernández Castella Absoluta 3 15.0
Abel Picos Nebril Absoluta 3 12.0
Diego Penedo Gaspar Sub-10 3 12.0
Hugo Travieso Iglesias Sub-10 3 10.0
Felipe Travieso Quintiana Absoluta 3 10.0
Fátima Penedo Gaspar Sub-12 3 10.0
11 Iker López Vidal Absoluta 2 11.0
12-15 Sonsoles López Hernández Absoluta 1 15.0
Ana Teresa Hernández Gall Sub-12 1 13.0
Eduardo León Pérez Sub-8 1 13.0
Mario Aneiros Rodríguez Sub-10 1 11.0
16 Byron Jhones Sub-8 0 10.0

Pódios por categoría

Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría:

  • Absoluta: 1º Paula López Molina · 2º Roberto Gil Rance Hayes · 3º Jose Luis Picos Nebril
  • Sub-12: 1º Fátima Penedo Gaspar · 2º Ana Teresa Hernández Gall
  • Sub-10: 1º Diego Penedo Gaspar · 2º Hugo Travieso Iglesias · 3º Mario Aneiros Rodríguez
  • Sub-8: 1º Eduardo León Pérez · 2º Byron Jhones

Parabéns a todas e todos os participantes, e grazas a Xadrez do Norte, ao Concello de Cedeira e a todas as entidades colaboradoras por facer posible esta cita do verán. Deixamos aquí unha selección de fotos da xornada.

Galería de fotos

22 agosto 2026

Torneo de Xadrez de Verán 2026 - Cedeira


O Concello de Cedeira organiza o seu Torneo de Xadrez de Verán 2026, unha cita imprescindible para todos os amantes do xadrez da comarca e de Galicia.

Esta iniciativa, promovida polo Concello de Cedeira, enmárcase dentro da programación cultural e deportiva do verán, ofrecendo a xogadores de tódolos niveis a oportunidade de competir nunha das vilas máis fermosas da Costa Ártabra.

Para máis información sobre o torneo, podedes consultar a páxina oficial do evento no Concello de Cedeira.

Formato

O torneo disputarase a 5 rondas con partidas a ritmo de 10 minutos por xogador.

Premios

  • 🏆 Trofeos aos gañadores absolutos
  • 🏆 Trofeos por categorías: Sub-12, Sub-10 e Sub-8
  • 🥇 Medallas para todos os participantes

Inscrición

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

Non perdades a oportunidade de participar neste torneo e de gozar do verán en Cedeira. Animádevos a inscribirse!