09 decembro 2025

TORNEO DE NADAL EN CEDEIRA

No Nadal e grazas ao apoio da Deputación da Coruña imos ter varias accións no noso proxecto Xadrez do Norte, no que buscamos dinamizar o xadrez en distintas poboacións e animar a crear estructuras propias.

BASES DO TORNEO DE XADREZ DE NADAL
DE CEDEIRA

DATA: 
Sábado 20 de decembro de 2025.

LOCAL DE XOGO:
Sala Áncora.

HORARIO:

A presentación dos xogadores inscritos e inscricións tardías serán de 16,30 ata 16,50
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 19,30 a 20,00.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera interesado. 
Os participantes da actividade xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2017 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2015 e 2016.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2013 e 2014.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2012 e 2011.
Absoluta. Nados en 2010 ou anteriores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados na proba.
Trofeo para o mellor xogador local.
Trofeo para o mellor sub14.
Medalla para todos os participantes sub14.
Libro de agasallo para todos os participantes.

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario